adxRelativo ou pertencente a Frixia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
sETN/HISTIndividuo do pobo frixio.
sm plETN/HISTPobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, tras a caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia.
smLINGLingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor.
modo frixioMÚS
Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.
Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.