frixio -xia

< lat Phrygĭu
Pliral: frixios Masculino: frixio Masculino plural: frixios Femenino: frixia Femenino plural: frixias
  1. adx Relativo ou pertencente a Frixia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo frixio.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu en Asia Menor cara ao s XII a C e que, tras a caída do Imperio Hitita no s XI a C, formou o Reino de Frixia.
  4. s m LING Lingua indoeuropea que se falaba antigamente en Asia Menor.
  5. modo frixio MÚS
    1. Primeiro modo antigo da música grega clásica que consistía nunha escala descendente que comezaba e remataba en re.
    2. Modo eclesiástico, dos oito dos que consta a música medieval, formado polos tetracordos mi-fa-sol-la e si-do-re-mi.

Palabras vecinas