fricción

< lat frictĭōne
Plural: friccións
  1. s f Acción de fretar unha cousa con outra.
  2. s f Frega dada nalgunha parte do corpo.
  3. FÍS
    1. s f Resistencia que presentan dous corpos cunha superficie de contacto en común.
    2. coeficiente de fricción Relación entre os módulos da fricción e da compoñente normal da forza que actúa entre as superficies e que as mantén en contacto.
  4. s f fig Enfrontamento ou desacordo entre persoas.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Para evitar friccións prefiro non traballar con el
  • Unha fricción con esta pomada vaite aliviar, OBS: Úsase xeralmente en plural, Déronme unhas friccións e xa estou un pouco mellor