choque

< chocar
Plural: choques
    1. s m Acción e efecto de 2 chocar.
    2. choque elástico FÍS Interacción entre dous corpos materiais que non altera o seu estado interno.
    3. choque inelástico FÍS Interacción entre dous corpos materiais en que se produce unha alteración do estado interno dalgún dos corpos que interaccionan.
  1. PAT
    1. s m Situación clínica transitoria en que, por mor da existencia dun volume de sangue circulante insuficiente ou dunha distribución anormal do consumo cardíaco, a perfusión sanguínea dos tecidos diminúe ata valores inferiores ás necesidades mínimas para un metabolismo oxidativo.
    2. choque anafiláctico Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo.
  2. choque eléctrico MED electrochoque.
  3. choque emocional PSIC Proceso e estado afectivo caracterizado por unha emoción repentina e relativamente breve que modifica a existencia propia de xeito que resulta difícil adaptarse.