fosforoso -sa

< fósforo
Plural: fosforosos Masculino: fosforoso Masculino plural: fosforosos Feminino: fosforosa Feminino plural: fosforosas
  1. adx Relativo ou pertencente ao fósforo.
  2. adx Que contén fósforo.
  3. adx QUÍM Aplícase aos compostos de fósforo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +3.
  4. ácido fosforoso QUÍM Ácido dibásico delicuescente do que se coñecen dúas formas parcialmente deshidratadas: o ácido metafosforoso e o ácido pirofosforoso.
  5. óxido fosforoso QUÍM Óxido de fósforo en que este actúa con número de oxidación +3.