fósforo

< lat phosphŏru gr ϕ ωσ ϕ όρος ‘portador de luz’
Nome científico: P Plural: fósforos
  1. s m QUÍM Elemento químico non metálico que pertence ao grupo V da táboa periódica, de número atómico 15 e masa atómica 30,97376. É relativamente pouco abundante na natureza, aínda que ten unha importancia considerable nos reinos animal e vexetal. Emprégase para fabricar mistos, raticidas e tamén bronces de fósforo.
  2. s m misto.