formalismo

< formal
Plural: formalismos
  1. s m Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.
  2. FILOS
    1. s m Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.
    2. formalismo kantiano Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.
  3. s m LING Corrente lingüística herdeira do estruturalismo que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante foi L. Hjelmslev.
  4. s m LIT Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.
  5. s m ESPECT Tendencia creativa teatral en que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese.
  6. s m MAT Doutrina que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas.
  7. s m ARTE Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.

Citas

  • Non soporto tanto formalismo na mesa