smCoidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.
FILOS
smSistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.
formalismo kantianoSistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.
smLINGCorrente lingüística herdeira do estruturalismo que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante foi L. Hjelmslev.
smLITTendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.
smESPECTTendencia creativa teatral en que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese.
smMATDoutrina que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas.
smARTEPredominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.