folla

< lat folĭa pl neutro de folĭu
Plural: follas
  1. s f
    1. BOT Órgano laminar, de crecemento limitado, que aparece lateralmente no talo ou nas pólas, característico do esporófito dos espermatófitos e dos pteridófitos, e que consta de tres partes: o limbo, o pecíolo e a vaíña.
    2. Conxunto de follas.
    1. s f Lámina delgada de calquera materia.
    2. folla de afeitar Folla de aceiro, delgada e flexible, cun ou dous cortes, que fixada á máquina de afeitar, serve para rasurar a pel.
    3. folla de lata Lámina de ferro ou aceiro recuberta de estaño polas dúas caras.
  2. s f Cada unha das láminas rectangulares de papel que forman un libro ou caderno.
  3. s f Lámina delgada de metal dun instrumento cortante.
  4. s f Cada unha das partes móbiles de portas e ventás que abren ou pechan.
  5. s f Cada unha das láminas ou escamas que se forman nunha masa que se exfolia.
  6. s f Cada unha das partes en que se divide un terreo para ser cultivadas en anos alternos ou rotando cultivos.
  7. INFORM
    1. folla de cálculo Programa que se utiliza para a xestión contable de conxuntos de datos.
    2. folla de programación Folla disposta para a escritura dun programa nunha linguaxe determinada.
    3. folla electrónica Programa que manexa nunha pantalla unha cuadrícula na que cada cadro pode almacenar información alfanumérica ou fórmulas nas que toman parte outros cadros.
  8. PREHIST
    1. folla de salgueiro Útil lítico de forma próxima á folla de loureiro, aínda que moito máis estreito.
    2. folla de loureiro Útil lítico delgado e longo con punta nun dos seus extremos e con numerosos retoques en ambas caras, característico do Solutrense.
  9. folla de servizos BÉL Documento onde consta o historial dun militar.
  10. follas voantes/soltas FILOL Follas enroladas ou dobradas en que, na tradición manuscrita da Idade Media, se transmitiron algunhas composicións dun único autor.

Sinónimos

Citas

  • Abriu unha folla da fiestra para que entrara aire
  • Afiaba a folla do coitelo
  • Escribiu os datos nunha folla de papel, Comprou unha folla de bacallao
  • Hai que xuntar a folla que caeu co vento
  • Pasaba as follas da revista con moita présa

Frases feitas

  • Virar a folla. Cambiar de tema nunha conversa ou de idea con respecto a algo.

Refráns

  • A folla, cando enxoita, molla.