BOTÓrgano laminar, de crecemento limitado, que aparece lateralmente no talo ou nas pólas, característico do esporófito dos espermatófitos e dos pteridófitos, e que consta de tres partes: o limbo, o pecíolo e a vaíña.
Conxunto de follas.
sfLámina delgada de calquera materia.
folla de afeitarFolla de aceiro, delgada e flexible, cun ou dous cortes, que fixada á máquina de afeitar, serve para rasurar a pel.
folla de lataLámina de ferro ou aceiro recuberta de estaño polas dúas caras.
sfCada unha das láminas rectangulares de papel que forman un libro ou caderno.
sfLámina delgada de metal dun instrumento cortante.
sfCada unha das partes móbiles de portas e ventás que abren ou pechan.
sfCada unha das láminas ou escamas que se forman nunha masa que se exfolia.
sfCada unha das partes en que se divide un terreo para ser cultivadas en anos alternos ou rotando cultivos.
INFORM
folla de cálculoPrograma que se utiliza para a xestión contable de conxuntos de datos.
folla de programaciónFolla disposta para a escritura dun programa nunha linguaxe determinada.
folla electrónicaPrograma que manexa nunha pantalla unha cuadrícula na que cada cadro pode almacenar información alfanumérica ou fórmulas nas que toman parte outros cadros.
PREHIST
folla de salgueiroÚtil lítico de forma próxima á folla de loureiro, aínda que moito máis estreito.
folla de loureiroÚtil lítico delgado e longo con punta nun dos seus extremos e con numerosos retoques en ambas caras, característico do Solutrense.
folla de servizosBÉLDocumento onde consta o historial dun militar.
follas voantes/soltasFILOLFollas enroladas ou dobradas en que, na tradición manuscrita da Idade Media, se transmitiron algunhas composicións dun único autor.