sfSituación na que está o que non realiza ningunha actividade ou descansa do traballo.
sfPeríodo de tempo que se deixa descansar un terreo de labor.
sfAnaco de tempo pequeno.
sfSuspensión colectiva do traballo destinada a facer presión por parte dos asalariados co obxecto de acadar algunha reivindicación, relativa xeralmente a melloras de soldo ou das condicións de traballo.
folga xeral /SOCIOL/POLÍTSuspensión temporal e voluntaria do traballo levada a cabo simultaneamente en todos os oficios dunha ou varias localidades por parte dos asalariados, co obxecto de acadar reivindicacións laborais ou políticas e que pode ir acompañada doutras formas de acción, como piquetes ou manifestacións.
folga de famePOLÍTMedida de loita non violenta que consiste na práctica do xaxún voluntario.