folga

< folgar
Pliral: folgas
  1. s f Situación na que está o que non realiza ningunha actividade ou descansa do traballo.
  2. s f Período de tempo que se deixa descansar un terreo de labor.
  3. s f Anaco de tempo pequeno.
    1. s f Suspensión colectiva do traballo destinada a facer presión por parte dos asalariados co obxecto de acadar algunha reivindicación, relativa xeralmente a melloras de soldo ou das condicións de traballo.
    2. folga xeral / SOCIOL/POLÍT Suspensión temporal e voluntaria do traballo levada a cabo simultaneamente en todos os oficios dunha ou varias localidades por parte dos asalariados, co obxecto de acadar reivindicacións laborais ou políticas e que pode ir acompañada doutras formas de acción, como piquetes ou manifestacións.
  4. folga de fame POLÍT Medida de loita non violenta que consiste na práctica do xaxún voluntario.

Sinónimos

Citas

  • Díxome que esperase unha folga e estiven dúas horas agardando por el

Frases hechas

  • Andar de folga. Andar de festa e parranda.
  • Botar unha folga. Distraerse e divertirse.