fluxo

< lat fluxu
Plural: fluxos
  1. s m
    1. Acción e efecto de fluír.
    2. Movemento dun líquido ou dun fluído.
    3. Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
  2. s m Movemento ascendente da marea.
  3. s m fig Movemento de persoas ou cousas dun lugar a outro.
  4. s m ECON Medición temporal da mobilidade de bens e servizos das macromagnitudes.
  5. FÍS
    1. s m Movemento de enerxía ou de partículas.
    2. fluxo eléctrico Fluxo do vector de desprazamento D dun campo eléctrico. A unidade SI do fluxo eléctrico é o coulomb.
    3. fluxo enerxético/radiante Potencia emitida, transportada ou recibida en forma de radiación.
    4. fluxo luminoso [&#966;] Magnitude característica dun fluxo radiante que expresa a aptitude de producir unha sensación luminosa avalada segundo os valores de eficacia luminosa relativa. A súa unidade de medida no SI é o lumen.
    5. fluxo magnético Fluxo do vector de indución magnética B dun campo magnético. A unidade SI de fluxo magnético é o weber.
  6. fluxo branco FISIOL/PAT leucorrea.
  7. fluxo de enerxía ECOL Transferencia de enerxía, que se dá nun ecosistema, dun organismo a outro dun nivel trófico superior.
  8. fluxo metabólico ECOL Secuencia de procesos e produtos intermediarios producidos polos diferentes organismos que interveñen na transformación dunha substancia rica en enerxía noutras de máis baixa enerxía.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • No telexornal dixeron que o fluxo do mar será ás tres da tarde
  • O fluxo de refuxiados descendeu nestes últimos días, O fluxo final de votos dun partido a outro supuxo un empate entre os candidatos
  • O fluxo do río era tan forte que destruíu a ponte de madeira
  • Un dos síntomas da súa enfermidade é o aumento no fluxo lacrimal