Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
smMovemento ascendente da marea.
sm figMovemento de persoas ou cousas dun lugar a outro.
smECONMedición temporal da mobilidade de bens e servizos das macromagnitudes.
FÍS
smMovemento de enerxía ou de partículas.
fluxo eléctricoFluxo do vector de desprazamento D dun campo eléctrico. A unidade SI do fluxo eléctrico é o coulomb.
fluxo enerxético/radiantePotencia emitida, transportada ou recibida en forma de radiación.
fluxo luminoso [φ]Magnitude característica dun fluxo radiante que expresa a aptitude de producir unha sensación luminosa avalada segundo os valores de eficacia luminosa relativa. A súa unidade de medida no SI é o lumen.
fluxo magnéticoFluxo do vector de indución magnética B dun campo magnético. A unidade SI de fluxo magnético é o weber.
fluxo brancoFISIOL/PATleucorrea.
fluxo de enerxíaECOLTransferencia de enerxía, que se dá nun ecosistema, dun organismo a outro dun nivel trófico superior.
fluxo metabólicoECOLSecuencia de procesos e produtos intermediarios producidos polos diferentes organismos que interveñen na transformación dunha substancia rica en enerxía noutras de máis baixa enerxía.