flotación

< flotar
Plural: flotacións
  1. s f Acción de flotar.
  2. s f ECON Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda.
  3. MAR
    1. centro de flotación Centro de pulo.
    2. liña de flotación Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe.
    3. liña de flotación en lastre Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.
  4. s f QUÍM Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar.

Sinónimos

Palabras veciñas