fisión

< fissĭōne
Plural: fisións
  1. s f FÍS Reacción nuclear exoenerxética que consiste na partición dun núcleo atómico noutros dous núcleos de masas comparables, e que se caracteriza por unha gran liberación de enerxía, a formación de núcleos radioactivos e a emisión de neutróns.
  2. s f BIOL
    1. Reprodución asexual propia de determinados tipos de animais nos que o organismo se divide en dúas ou máis partes.
    2. Tipo de división celular no que, tras o crecemento da célula, esta se divide en dúas idénticas mediante a formación dun septo.