fisioloxía

< lat physiologĭa gr ϕ υσιολογία
Plural: fisioloxías
  1. s f FISIOL Ciencia que estuda os fenómenos funcionais e os procesos vitais dos organismos animais ou dos vexetais, e trata de establecer as leis que os regulan e os rexen.
  2. fisioloxía animal FISIOL Fisioloxía que se aplica aos animais en xeral, desenvolvendo aspectos relacionados co tratamento de diversas enfermidades.
  3. fisioloxía celular FISIOL Parte da fisioloxía que estuda as funcións da célula.
  4. fisioloxía comparada FISIOL Parte da fisioloxía que estuda unha determinada función orgánica comparativamente ao longo de toda a filoxénese.
  5. fisioloxía ecolóxica FISIOL Disciplina que estuda as funcións dos organismos a nivel de ecosistema, investigando o porqué das necesarias adaptacións a medios variables no plano fisiolóxico.
  6. fisioloxía etolóxica FISIOL Disciplina que estuda a resposta adaptativa do animal fronte a estímulos ambientais e axuda a coñecer os mecanismos polos que se determina o comportamento.
  7. fisioloxía patolóxica FISIOL Ciencia que estuda as funcións alteradas dun organismo enfermo. OBS: Tamén se denomina fisiopatoloxía.
  8. fisioloxía vexetal FISIOL/BOT Parte da fisioloxía que ten como obxecto de estudo os organismos vexetais. Considera principalmente os fenómenos de crecemento, o metabolismo e as interaccións co medio e os outros organismos. OBS: Tamén se denomina fitofisioloxía.
  9. fisioloxía xeral FISIOL Disciplina científica que estuda os mecanismos encimáticos, a creación e a liberación de enerxía no organismo, considerado como un todo.