ficheiro

< ficha
Plural: ficheiros
  1. s m Moble ou caixa con caixóns para conter fichas de modo ordenado.
  2. s m
    1. Conxunto ordenado de fichas, datos ou outro tipo de informacións.
    2. BIBLIOT Conxunto de fichas que conteñen información bibliográfica.
  3. INFORM
    1. s m Bloque lóxico de información designado por un nome.
    2. ficheiro de movementos Ficheiro que contén información sobre feitos que se desenvolveron no tempo, seleccionado e ordenado segundo un criterio determinado.
    3. ficheiro de traballo Ficheiro que contén datos xerados e usados durante un traballo.
    4. ficheiro indexado Ficheiro que inclúe unha táboa que permite acceder a calquera rexistro do ficheiro a partir dunha clave.
    5. ficheiro mestre Ficheiro que contén datos relativamente permanentes e exhaustivos que son actualizados periodicamente cos dun ficheiro de movementos.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Buscou o historial médico no segundo caixón do ficheiro
  • Están informatizando o ficheiro da escola, Posúe un magnífico ficheiro fotográfico

Palabras veciñas