< lat tardío regĕsta -ōrum, de regerere, ‘transcribir’
Plural:rexistros
smAcción e efecto de rexistrar.
smAnotación feita ao gardar constancia dunha cousa.
smLibro en que se anotan regularmente feitos ou datos de que se quere deixar constancia.
rexistro civilDERRexistro onde constan oficialmente os nacementos, matrimonios, defuncións, naturalizacións ou a veciñanza dos cidadáns.
rexistro da propiedadeDERInstrumento técnico da publicidade do tráfico inmobiliario que ten por obxecto a inscrición das actas e os contratos relativos ao dominio e os dereitos reais sobre os inmobles.
rexistro mercantilDEROficina pública onde están inscritos os comerciantes, os barcos e certos documentos que indica a lei.
smOficina onde se rexistran documentos, actas ou contratos para a súa constancia oficial.
smAbertura provista de tapa que permite ter acceso ao interior das conducións subterráneas para comprobar o seu estado.
smMÚS
Peza móbil dun órgano ou dun harmonio que permite modificar o timbre dos sons.
Cada un dos diferentes timbres do órgano ou do harmonio.
Extensión que comprende normalmente cada un dos tipos de voz humana, entre os que se distinguen os de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.
smINFORMProcedemento que permite a fixación e almacenaxe de información nun soporte material adecuado, sexa manual ou automático, para a súa conservación indefinida e a súa reprodución puntual.
smARQUIV/BIBLIOTCompilación manuscrita de documentos orixinais ou copias no momento da súa expedición.
smLINGariedade funcional dunha lingua que se debe á asociación habitual entre uns determinados trazos lingüísticos, fonéticos, gráficos, gramaticais, léxicos, e uns factores correlativos propios da situación de uso, como o tema, a canle, a formalidade ou o propósito da comunicación.