Porción de cousas alongadas, polo xeral atadas, que se colocan paralelamente, especialmente palla, herba ou leña.
FÍSCorrente ou fluxo de partículas que seguen unha traxectoria unidireccional común e cunhas enerxías dun intervalo determinado.
ZOOLGrupo de fibras musculares ou nerviosas dispostas de xeito paralelo.
sm
Conxunto reunido de cousas ou persoas.
BOTConxunto de elementos condutores dispostos de xeito concentrado. Normalmente están formados por vasos e tubos cribosos, amais doutras células acompañantes.
MATConxunto de superficies ou liñas da ecuación f+λϕ=0, onde f=0 e ϕ=0 son as ecuacións de dous elementos calquera do feixe, que se toman como xeratrices, e λ é un parámetro.
feixe de víasTECNOLGrupo de vías sensiblemente paralelas reunidas polos extremos mediante as correspondentes agullas.
feixe piramidalANATía motriz neurolóxica que transmite os impulsos do cerebro ás neuronas motoras do tronco e das extremidades.
Citas
Escolmou un feixe de relatos para a antoloxía, Fixo un feixe de apreciacións sobre a natureza virtuosa do home, Na sala había un feixe de médicos
Fixeron un feixe de herba para levar ao lombo, Vai buscar un feixe de leña para a cociña de ferro
Fixo un feixe de roupa e marchou da casa
Frases feitas
A feixes. A moreas, todo xunto. Ex: A xente entrou a feixes no local.
Agarrar a feixe. Coller de algo todo o que se pode abarcar cos brazos.