feixe

< lat fasce
Pliral: feixes
  1. s m
    1. Porción de cousas alongadas, polo xeral atadas, que se colocan paralelamente, especialmente palla, herba ou leña.
    2. FÍS Corrente ou fluxo de partículas que seguen unha traxectoria unidireccional común e cunhas enerxías dun intervalo determinado.
    3. ZOOL Grupo de fibras musculares ou nerviosas dispostas de xeito paralelo.
  2. s m
    1. Conxunto reunido de cousas ou persoas.
    2. BOT Conxunto de elementos condutores dispostos de xeito concentrado. Normalmente están formados por vasos e tubos cribosos, amais doutras células acompañantes.
    3. MAT Conxunto de superficies ou liñas da ecuación f+λϕ=0, onde f=0 e ϕ=0 son as ecuacións de dous elementos calquera do feixe, que se toman como xeratrices, e λ é un parámetro.
  3. feixe de vías TECNOL Grupo de vías sensiblemente paralelas reunidas polos extremos mediante as correspondentes agullas.
  4. feixe piramidal ANAT ía motriz neurolóxica que transmite os impulsos do cerebro ás neuronas motoras do tronco e das extremidades.

Citas

  • Escolmou un feixe de relatos para a antoloxía, Fixo un feixe de apreciacións sobre a natureza virtuosa do home, Na sala había un feixe de médicos
  • Fixeron un feixe de herba para levar ao lombo, Vai buscar un feixe de leña para a cociña de ferro
  • Fixo un feixe de roupa e marchou da casa

Frases hechas

  • A feixes. A moreas, todo xunto. Ex: A xente entrou a feixes no local.
  • Agarrar a feixe. Coller de algo todo o que se pode abarcar cos brazos.

Palabras vecinas