adxRelativo ou pertencente ao falo ou ao seu culto.
cultos fálicosHIST/RELIXConxunto de crenzas e expresións simbólicas que a través de representacións do falo, expresan dun xeito relixioso ou máxico o poder de creación da vida, a formación cósmica a partir do caos previo, concibido como a feminidade, e incluso a posible superación da morte.
estadio fálicoPSICTerceiro estadio da evolución da libido que se inicia cara aos catro anos e se pode prolongar ata o sexto ou sétimo ano de vida do neno.