face

< lat facĭes
Plural: faces
  1. s f Parte anterior da cabeza dunha persoa onde están os ollos, a boca e o nariz.
  2. s f
    1. Lado principal, en oposición ao posterior, dun obxecto plano ou laminar con dúas superficies.
    2. Parte dunha moeda, medalla ou selo, que ten representada a cara dunha divindade, rei ou calquera outro debuxo.
    3. MAT Cada un dos planos que delimitan un ángulo diedro.
    4. CONSTR Cada unha das superficies dunha obra.
  3. s f Parte visible de algo.
  4. Santa Face RELIX/ARTE Representación do pano da Verónica co rostro de Xesús Cristo que, segundo a tradición, quedou gravado nel.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A face da folla é moi rugosa, A face desa tea ten unha cor distinta
  • A moeda caeu coa face para arriba
  • Hai tempo que non o vexo, parece que desapareceu da face da Terra
  • O atracador cubría a face cunha media