facción

< lat factĭōne
Plural: faccións
  1. s f
    1. Grupo de persoas reunidas para realizar unha acción violenta, xeralmente política.
    2. HIST Grupos de insurxentes absolutistas durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e cada un dos grupos carlistas durante o s XIX.
    3. POLÍT Grupo político cunha liña propia dentro dun partido.
  2. s f pl Conxunto de trazos do rostro dunha persoa.
  3. s f BÉL
    1. Acción de guerra.
    2. Acto do servizo militar como a garda, a sentinela ou a patrulla.
  4. s f HIST Cada un dos equipos que se enfrontaban nos xogos do circo, na antiga Roma, e os seus partidarios.

Citas

  • Tiña unhas facións inconfundibles

Palabras veciñas