sfTransformación ou cambio progresivo de algo ou de alguén.
sBIOL
Proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. A admisión da evolución como un feito baséase nunha serie de probas, como as aportadas pola paleontoloxía ou a anatomía comparada.
p extParte da bioloxía que estuda a evolución.
sfFILOSTeoría pola que se explican os fenómenos físicos e mentais como transformacións sucesivas dunha realidade primeira, sometida a un movemento perpetuo intrínseco.
SOCIOL
sfCambio gradual, en oposición á revolución.
evolución socialProceso de cambio que supón a variación e a loita pola existencia e adaptación das distintas formas sociais.
sfBÉLMovemento ou cambio dunha formación de tropas ou de unidades navais de acordo cun plan establecido.