evolución

Pliral: evolucións
  1. s f Transformación ou cambio progresivo de algo ou de alguén.
  2. s BIOL
    1. Proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. A admisión da evolución como un feito baséase nunha serie de probas, como as aportadas pola paleontoloxía ou a anatomía comparada.
    2. p ext Parte da bioloxía que estuda a evolución.
  3. s f FILOS Teoría pola que se explican os fenómenos físicos e mentais como transformacións sucesivas dunha realidade primeira, sometida a un movemento perpetuo intrínseco.
  4. SOCIOL
    1. s f Cambio gradual, en oposición á revolución.
    2. evolución social Proceso de cambio que supón a variación e a loita pola existencia e adaptación das distintas formas sociais.
  5. s f BÉL Movemento ou cambio dunha formación de tropas ou de unidades navais de acordo cun plan establecido.