aliñamento

< aliñar
Plural: aliñamentos
  1. s m Acción e efecto de aliñar ou aliñarse.
  2. s m Liña pola que se fai un aliñamento.
  3. s m ARQUEOL Conxunto de pedrafitas dispostas en ringleira nun espazo aberto seguindo un plan predeterminado das que descoñecemos o seu obxectivo e a súa función.
  4. s m DER Liña fixada polos planos, estudos de detalle e normas urbanísticas que debe ser obrigatoriamente respectada polas edificacións urbanas na súa situación respecto ás vías e prazas públicas.
  5. s m ESCR Igualdade na disposición que poden adoptar as liñas nun parágrafo ou texto calquera.
  6. s m POLÍT Acción e efecto de aliñarse nun dos grandes bloques nos tempos da Guerra Fría.
  7. s f ASTRON Cada unha da liñas das cartas celestes que teñen como finalidade axudar a recoñecer as estrelas e as constelacións.
  8. s f BÉL Efecto de colocar as tropas sobre unha liña recta imaxinaria que se supón trazada no terreo.

Sinónimos

Citas

  • Aliñamento á dereita do texto con sangrados
  • O aliñamento das edificacións é cuestión prioritaria en urbanismo
  • O novo aliñamento da rúa impide a masificación de construccións