alílico -ca

Plural: alílicos Masculino: alílico Masculino plural: alílicos Feminino: alílica Feminino plural: alílicas
  1. adx Relativo ou pertencente ao grupo alilo.
  2. adx Que contén un grupo alilo.
  3. alcohol alílico QUÍM Líquido de olor picante, irritante para as mucosas e a pel.
  4. posición alílica QUÍM Posición ou posicións adxacentes a un enlace dobre carbono-carbono nas moléculas orgánicas.
  5. resinas alílicas QUÍM Polímeros derivados dos ésteres dialílicos de diversos ácidos dicarboxílicos, tales como os ácidos o- e m-ftálico.
  6. transposición alílica QUÍM Transposición, nun sistema de tres carbonos cun enlace dobre, que despraza a este á posición adxacente con migración simultánea dun substituínte que preexistía no sistema ou que entrou nel (por substitución) ao producirse a transposición.

Palabras veciñas