sfConxunto de alimentos ou substancias nutritivas que permiten aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos.
alimentación alternativaSerie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos.
sfBÉLOperación que consiste en colocar as municións dunha arma, utilizando un dispositivo ou cargador.
sfTECNOLFornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento.
sfTECNOLEnerxía ou materia coa que se alimenta un aparato.
sfXEOGIncremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis.
sfXEOGFornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.
alimentación artificialMED
Alimentación en que se substitúe a vía oral por outras.
Lactancia artificial con biberón que se realiza normalmente con leites preparados industrialmente.
alimentación ininterrompidaTECNOLAlimentación dun aparato, prevista para que continúe constantemente en caso dun posible corte da subministración de enerxía eléctrica exterior.
circuíto de alimentaciónMARConxunto de tanques, bombas, tubos e outros elementos que teñen por finalidade fornecer de auga as caldeiras dun barco.
fonte de alimentaciónFÍSalimentador.
Citas
A alimentación dos gatos corre a cargo da miña avoa