sfSubstancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de metais e combinacións de metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas.
aliaxe antifricciónantifricción.
aliaxe duraAliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, matrices e pezas que requiren gran resistencia á abrasión.
aliaxe eutécticaAliaxe formada por un eutéctico.
aliaxe férricaAliaxe na que o elemento fundamental é o ferro.
aliaxe fusibleAliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes.
aliaxe lixeiraAliaxe onde o elemento principal é o aluminio, o magnesio ou o titanio.
aliaxe non férricaAliaxe que non contén ferro ou onde non é ningún compoñente principal.
aliaxe pesadaAliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio.
aliaxe refractariaAliaxe que pode ser utilizada a temperaturas elevadas (da orde dos 900°C ou máis).
aliaxe de polímerosQUÍM/INDDeterminadas mesturas de polímeros de propiedades moi variadas.