aliaxe

< lat ligatiōne
Pliral: aliaxes
  1. IND
    1. s f Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de metais e combinacións de metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas.
    2. aliaxe antifricción antifricción.
    3. aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, matrices e pezas que requiren gran resistencia á abrasión.
    4. aliaxe eutéctica Aliaxe formada por un eutéctico.
    5. aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro.
    6. aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes.
    7. aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio, o magnesio ou o titanio.
    8. aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde non é ningún compoñente principal.
    9. aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio.
    10. aliaxe refractaria Aliaxe que pode ser utilizada a temperaturas elevadas (da orde dos 900°C ou máis).
  2. aliaxe de polímeros QUÍM/IND Determinadas mesturas de polímeros de propiedades moi variadas.

Formas incorrectas

aleación

Palabras vecinas