algarismo

< matemático árabe Al-Hwārizmī
Plural: algarismos
  1. MAT
    1. s m Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.
    2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal.
    3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).
  2. s m MAT Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen á solución do problema.
  3. algarismo de Euclides MAT Sucesión de divisións enteiras que conducen á determinación do máximo común divisor (mcd) de dous números enteiros.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • O número 1,000 expresa unha cifra de catro algarismos

Formas incorrectas

guarismo