número

< lat numĕru
Plural: números
  1. s m Concepto matemático que indica unha cantidade.
  2. MAT
    1. s m Resultado de contar as cousas que forman un conglomerado ou calquera dos entes abstractos que resultan de xeneralizar este concepto.
    2. s m algarismo.
    3. número alxébrico Número que é solución dunha ecuación alxébrica racional.
    4. número aritmético Número sen signo.
    5. número cadrado/cadrado perfecto Número enteiro que é igual a outro número enteiro elevado ao cadrado.
    6. número cardinal Número que expresa a cantidade de elementos dun conxunto.
    7. número complexo Número que se expresa como a suma dun número real e dun número imaxinario, en forma de polinomio de primeiro grao en i, a + bi.
    8. número composto Número que consta de máis dunha cifra.
    9. número de ouro número áureo.
    10. número decimal Número racional que, multiplicado por unha potencia positiva de 10, dá un número enteiro.
    11. número díxito Número que, no sistema de numeración decimal, consta dunha soa cifra.
    12. número e e.
    13. número enteiro Número que determina cantidades non fraccionables en partes máis pequenas ca a unidade.
    14. número fraccionario/quebrado Número racional non enteiro.
    15. número hipercomplexo Elemento dun espazo vectorial de máis de dúas dimensións onde está definido, ademais da adición característica dos espazos vectoriais, un produto que lle dá unha estrutura de anel.
    16. número imaxinario Número que non pertence ao campo dos números reais e que equivale á raíz cadrada de números negativos. A unidade imaxinaria represéntase por i, e vale Ö—-1 .
    17. número impar Número enteiro que non é múltiplo de dous.
    18. número irracional Número real que non pode expresarse mediante unha fracción ou un número enteiro.
    19. número mixto Número que se expresa como a suma dun número enteiro e un número fraccionario.
    20. número natural Número que serve para contar os elementos dun conxunto e no que se definen as operacións de adición e de multiplicación, pero non sempre son posibles as súas inversas.
    21. número negativo Número menor que o cero.
    22. número ordinal Número que expresa o lugar nunha sucesión de obxectos.
    23. número par Número enteiro que é múltiplo de dous.
    24. número perfecto Número enteiro que é igual á suma de todos os seus divisores agás el mesmo.
    25. número periódico Número decimal en que algunha cifra se repite indefinidamente.
    26. número pi pi.
    27. número positivo Número maior ca o cero.
    28. número primo Número enteiro que soamente é divisible por el mesmo e pola unidade.
    29. número racional Conxunto de fraccións equivalentes que representan unha mesma cantidade, enteira ou non.
    30. número real Número que se obtén ao medir magnitudes continuas.
    31. número transcendente Número real non alxébrico.
    32. números amigos/amigables Parella de números que cumpren que cada un deles é igual á suma dos divisores do outro, agás este outro.
    33. números heteroxéneos Números que non teñen os mesmos factores primos.
    34. números homoxéneos Números que teñen os mesmos factores primos.
    35. números pitagóricos Cada unha das ternas de números que son solución da ecuación x 2 + y 2 = z 2 .
  3. s m MAT Concepto co que unha cousa é designada dentro dunha serie ou colección.
  4. s m Cantidade que non se expresa con exactitude.
  5. s m Cada edición dunha publicación periódica.
  6. s m ESPECT Cada unha das exhibicións, das execucións ou das pezas que compoñen o programa dun espectáculo.
  7. s m LING Categoría gramatical que opón a representación dunha entidade individualizada á representación de máis dunha delas. Afecta aos artigos, substantivos, pronomes, adxectivos e verbos.
  8. s m Billete numerado co que se participa na lotaría ou noutros xogos de azar.
  9. s m col Acción realizada por alguén que desexa chamar a atención ou que resulta desagradable e ridícula.
  10. s m Membro dun organismo armado, como a Garda Civil ou a Policía, que non ten graduación.
  11. MAT Teorema que vén definido polo teorema de Bernoulli e a lei forte dos grandes números.
  12. MAT Lei que establece que a frecuencia relativa dun acontecemento ao longo de n tentativas converxe cara a probabilidade do acontecemento, para todos os valores comprendidos entre n e un N infinitamente grande.
  13. FÍS Número adimensional que se obtén ao establecer a relación entre grupos de magnitudes físicas.
  14. IND/ARTE Número que sobre o papel ou a película é indicador da produción.
  15. IND/ARTE Número de referencia que se imprime nos bordos da película por efecto da luz.
  16. CRON número áureo.
  17. FÍS Número de nucleóns dun átomo.
  18. ECON
    1. Saldo acredor da conta de perdas e ganancias.
    2. Situación debedora dun cliente con relación a un banco.
  19. MAT Parte da matemática que estuda as relacións entre os números enteiros.

Citas

  • Cando era nena o que máis lle gustaba do circo era o número dos pallasos
  • Comprei para toda a familia o mesmo número de lotaría
  • Escribín un artigo para o último número da revista
  • Montoulle un número no bar porque estaba a falar cun rapaz
  • Os descontentos son un pequeno número
  • Traballaba na nave número 21

Refráns

  • Ano de sete ¡quen o oíse e non o vise!
  • Anos de nones son os peores.