algarabía

< ár al-’arabyya ‘a lingua árabe’
Plural: algarabías
  1. s f Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.
  2. s f Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.
  3. s f LING Lingua árabe, falada polas minorías musulmás nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación do poder político musulmán.

Antónimos

Citas

  • El pode entender a túa algarabía de palabras mesturadas
  • Levaron a eses homes detidos pola algarabía que orixinaron na porta do bar

Palabras veciñas