silencio

< lat silentĭu
Plural: silencios
  1. s m Ausencia de todo son ou ruído.
  2. s m Feito de estar alguén sen falar.
  3. s m Feito de non dicir alguén a súa opinión ou algunha información.
  4. s m FISIOL Intervalo que separa os ruídos cardíacos.
  5. s m MÚS
    1. Pausa ou breve intervalo sen música nin canto.
    2. Signo gráfico posto no pentagrama para indicar este silencio.
  6. silencio administrativo DER/ADM Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou recurso que lle foi presentado.

Refráns

  • As veces o corazón fala, anque a lingua cala.
  • Está a casa sen roído, cando están os porcos no enxido.
  • Galo que non cacarexa non se sabe por onde anda.