espiña

< lat spina
Plural: espiñas
  1. s f BOT Apéndice agudo, duro, ríxido, lignificado e con tecido vascular, que presentan algunhas plantas.
  2. s f ZOOL Parte esquelética, dura e puntiaguda, que posúen moitos animais, destinada a formar parte do seu esqueleto e que lles serve para protexerse.
  3. s f ANAT Apófise ósea longa e delgada.
  4. s f PAT Masa pequena de materia sebácea que obtura o conduto excretor dunha glándula sebácea cutánea e que crea un ambiente propicio para o desenvolvemento da acne.
  5. s f Cousa que produce unha gran dor moral.
  6. espiña bífida PAT Deformación conxénita que consiste nunha fisura da raque, debido á falta de soldadura dos arcos vertebrais.
  7. espiña dorsal ANAT columna.

Sinónimos

Refráns

  • Non saques espiñas onde non hai espigas.
  • O que deixa a espiña no dedo, pode perdelo máis tarde ou máis cedo.

Palabras veciñas