espícula

< lat spicula ‘espiga pequena’
Plural: espículas
  1. s f BOT Inflorescencia elemental típica das poáceas, que consta de flores hermafroditas, que a miúdo levan cada unha delas dúas brácteas, as glumelas, situadas sobre un eixe delgado que leva na base as glumas.
  2. s f ZOOL Cada unha das agullas calcarias ou silícicas que forman parte do corpo das esponxas non córneas e que constitúen a armadura fundamental do seu esqueleto.
  3. s f ZOOL Cada unha das pezas esqueléticas do dermatoesqueleto dalgúns equinodermos.
  4. s f ASTRON Materia incandescente que lanza o Sol, desde toda a súa superficie cara á atmosfera solar.