sfBOTInflorescencia elemental típica das poáceas, que consta de flores hermafroditas, que a miúdo levan cada unha delas dúas brácteas, as glumelas, situadas sobre un eixe delgado que leva na base as glumas.
sfZOOLCada unha das agullas calcarias ou silícicas que forman parte do corpo das esponxas non córneas e que constitúen a armadura fundamental do seu esqueleto.
sfZOOLCada unha das pezas esqueléticas do dermatoesqueleto dalgúns equinodermos.
sfASTRONMateria incandescente que lanza o Sol, desde toda a súa superficie cara á atmosfera solar.