smAcción que implica unha utilización moi elevada da forza física ou mental para superar algunha dificultade ou conseguir algunha cousa.
smFÍSForza por unidade de superficie aplicada a un corpo. Coñécese como esforzodetracción ou tracción, e o esforzodecompresión ou compresión, se as forzas son perpendiculares á superficie. Cando as forzas son tanxenciais, fálase de esforzodecizallamento ou esforzocortante. OBS: Tamén se denomina tensión.
esforzo pesqueiroECOLMedida da intensidade con que unha frota actúa sobre os recursos pesqueiros.
Citas
Nada todos os días dez quilómetros sen esforzo ningún, Este traballo é o resultado dun importante esforzo imaxinativo
Refráns
A anada non se pilla á carreira.
A Deus rogando e ca arado arando.
A pouca parada fai moita andada.
Á primeira aixadada non con tes con atopar auga.
A que amasa fariña nunca pan lle falta.
Afanar, afanar, e nunca medrar.
Algo se ha facer, para algo ser.
Amasando faise o pan.
Anda, se ques, que pes e mans tes.
Andando gaña a acea e non estando queda.
Andarás como andabas e quedarás como estabas.
Cal andamos, tal medramos.
Cando a acea está parada non dá proveito nin gaña nada.
Cando hai trigo na eira, hai pan na maseira.
Cando o carpinteiro ten madeira para traballar e a muller fariña para amasar, leña e pan non lles pode faltar.
Cando o lobo non vai polo seu pe, non come do que quer.
Coa moa parada non gaña o muiñeiro.
Con afán gáñase o pan.
Dá Deus ventura a quen a procura.
Dar couces contra o aguillón é mala ocupación.
Deus axuda ao que se axuda.
Deus dixo o que será, pero non o que virá.
Deus dixo: Axúdate, que eu te axudarei.
En Deus espera pero, mentres, arrenda as túas terras.
Esterca e non poñas marcos.
Fai ben e traballa e non durmirás na palla.
Fai máis o que quere có que pode.
Hai quen ten esforzo e foxe como un corzo.
Máis fai quen quere que que n pode.
Mans e vida compoñen a vila.
Mentres que a moa do muíño vai e vén, Deus dá seu ben.
Moito te matas e non te decatas.
Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga.
Na casa do que anda a traballar pode ronda-la fame, mais non pode entrar.
Nadar e nadar e na beira afogar.
Nadar, nadar e ao cabo afogar.
Ninguén nace aprendido.
Non busques o pan na cama do can.
Non hai terra tan brava que non amoleza coa aixada.
Non se gaña o pan sen afán.
Nunca debes levar máis do que poidas.
Nunca está sen pan a casa en que se traballa.
O abade, do que canta, xanta.
O can no barbeito ladra sen proveito.
O que á cerdeira non sobe malas cereixas come; o que sobe e cae, mal lle vai/peor lle vai.
O que algo quere, algo lle custa.
O que amasa e coce todo lle loce/ben se lle conoce.
O que moito busca, sempre algo encontra.
O que non ten esforzo, non merece o xantar nin o almorzo.
O que queira comer, que aprenda a traballar.
Ó raposo durmente non lle amence a galiña no dente.
O sol do verán non trae o trigo á mano
O traballo non mata pero faí amata.
O traballo non mata, pero amata.
Obra empezada, medio rematada.
Puxa o boí polo arado, mal do seu grado.
Quen colle trigo pode comer pantrigo.
Quen fai o que pode, faí o que debe.
Quen fai os mandados, que coma os bocados.
Quen peixes queíra pescar tense que mollar.
Quen que ira comer, que traballe.
Quen sementa en mala terra non colle máis que herba.
Quen sementa no camiño cansa os bois e perde o trigo.
Sementar por fanegas e coller por espigas.
Sufrir por valer, traballar por ter e estudiar por saber, calquera o pode facer.
Tanto tes como vales.
Traballa e non comerás palla.
Traballo sen proveito é facer o que xa está feito.
¡Deus che dea bes, se traballar ques!
¡Fíate en Deus e non corras!
¡Gracias a Deus que cocemos sete petadas e nove debemos!