escribán -bá

Plural: escribáns Masculino: escribán Masculino plural: escribáns Feminino: escribá Feminino plural: escribás
  1. s DER Persoa que tiña ao seu cargo a redacción e a autentificación de actas en contratos públicos e das actuacións xudiciais, gobernativas e administrativas.
  2. escribán de mandato HIST Funcionario da oficina do rei ou das casas nobiliarias que escribía documentos por requirimento ou mandato do seu señor.
  3. escribán maior HIST Escribán que figuraba como xefe dos escribáns dunha audiencia, curia ou doutro organismo oficial.

Refráns

  • Escribáns e ameixeiras ¡líbremos Deus das miñas Jeiras!
  • O bo escribán, primeiro o borrón que a pruma na mano
  • O escribán nunca escribe en van.
  • O que ten o escribán do seu xeito, o torta vÍrao dereito I vólveo dereito.
  • Por ben ou por mal,. ten o escribán da túa mano
  • Quero o escribán do meu xeito, sexa no bo ou no mal preito.
  • Torta ou dereito, ten o escribán do teu xeito.

Formas incorrectas

escribana