escravo -va

< lat tardío sclavu
Plural: escravos Masculino: escravo Masculino plural: escravos Feminino: escrava Feminino plural: escravas
  1. adx Aplícase á persoa que pertence en propiedade a outra e que carece de liberdade. Tm s.
  2. adx Que está sometida ou dominada excesivamente por algo ou alguén. Tm s.
  3. adx Que soporta ben as adversidades.
  4. adx Que implica sacrificio ou moita dedicación.
  5. s INFORM Unidade de disco conectada a outra principal chamada primaria ou mestra.

Citas

  • A vida do campesiño é moi escrava
  • As pirámides fixéronse con man de obra escrava
  • Esa nai é unha escrava dos seus fillos, É un rapaz escravo da moda e gasta todos os cartos en roupa
  • Esas plantas son moi escravas, non te tes que preocupar delas
  • Eses monumentos foron construídos por moitos escravos