sfInstitución colectiva, de carácter público ou privado, onde se instrúe ou educa.
escola activaEscola que aplica métodos de pedagoxía activa.
escola agrícolaEscola primaria que, en diversas nacións europeas e desde mediados do s XIX, contemplaba o ensino da agricultura como un dos compoñentes do seu plano de estudos.
escola catedralicia/episcopalEscola creada pola Igrexa para preparar, en principio, o clero; funcionaron desde o s IV ata a creación das universidades.
escola confesionalEscola onde a tarefa de instrución e educación está condicionada por unha determinada confesión relixiosa.
escola de declamaciónSección dependente dos conservatorios de música que tiña como obxectivo a formación de actores.
escola de produciónEscola ideada por Pavel P. Blonskij que uniu o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas; incorporou a escola á organización económica e social.
escola graduadaEscola que, a diferenza da escola unitaria, desenvolve o ensino por graos en distintas aulas, cada unha co seu profesor correspondente.
escola infantilCentro escolar que admite alumnos ata os seis anos.
escola laicaEscola que funciona seguindo directrices laicas e na que se prescinde de toda instrución nunha fe relixiosa.
escola monacal/conventualEscola eclesiástica dedicada en principio á promoción dos futuros monxes.
escola nocturna obreiraCentros escolares creados para propagar a doutrina católica entre a clase traballadora.
escola novaMovemento de renovación pedagóxica que xurdiu a finais do s XIX e que tiña como finalidade a de enfrontar, de xeito distinto, a problemática escolar e revitalizar a escola con novos discursos pedagóxicos e novos métodos de investigación.
escola primariaEscola en que se dispensa o ensino primario.
escola privadaEscola en que a titularidade corresponde a persoas físicas ou a sociedades privadas.
escola públicaEscola en que a titularidade corresponde á Administración central, autonómica ou local do Estado.
escola racionalistaEscola que segue os principios da corrente pedagóxica homónima e que defendía o predominio do coñecemento racional e empírico fronte ao dogmático e metafísico.
escola técnicaEscola en que se dispensa o ensino técnico non universitario.
escola unificadaTipo de escola que segue o principio fundamental da corrente pedagóxica que preconizaba un curso de acción pedagóxica similar para todos os escolares.
escola unitariaEscola en que hai unha única aula cun só mestre para dispensarlles o ensino a alumnos de diversos graos; é propia, sobre todo, de zonas rurais.
sfInstrución que se dá nun establecemento de ensino primario.
sfLugar ou edificio onde se desenvolve a actividade escolar, docente e discente.
sfConxunto de docentes e discentes dos establecementos de ensino denominados escola.
sfConxunto de persoas que, en filosofía, ciencia ou arte, seguen unhas mesmas directrices ideolóxicas, metodolóxicas, estilísticas ou estéticas, e que manifestan na súa actividade e produción uns trazos comúns, peculiares e distintivos.
sf figAquilo que se aprende, especialmente por experiencia.
Citas
A escola da vida aprendeulle a non confiar en ninguén