escola

< lat schola ‘lugar de estudio’ gr σχηολ ή
Pliral: escolas
  1. EDUC
    1. s f Institución colectiva, de carácter público ou privado, onde se instrúe ou educa.
    2. escola activa Escola que aplica métodos de pedagoxía activa.
    3. escola agrícola Escola primaria que, en diversas nacións europeas e desde mediados do s XIX, contemplaba o ensino da agricultura como un dos compoñentes do seu plano de estudos.
    4. escola catedralicia/episcopal Escola creada pola Igrexa para preparar, en principio, o clero; funcionaron desde o s IV ata a creación das universidades.
    5. escola confesional Escola onde a tarefa de instrución e educación está condicionada por unha determinada confesión relixiosa.
    6. escola de declamación Sección dependente dos conservatorios de música que tiña como obxectivo a formación de actores.
    7. escola de produción Escola ideada por Pavel P. Blonskij que uniu o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas; incorporou a escola á organización económica e social.
    8. escola graduada Escola que, a diferenza da escola unitaria, desenvolve o ensino por graos en distintas aulas, cada unha co seu profesor correspondente.
    9. escola infantil Centro escolar que admite alumnos ata os seis anos.
    10. escola laica Escola que funciona seguindo directrices laicas e na que se prescinde de toda instrución nunha fe relixiosa.
    11. escola monacal/conventual Escola eclesiástica dedicada en principio á promoción dos futuros monxes.
    12. escola nocturna obreira Centros escolares creados para propagar a doutrina católica entre a clase traballadora.
    13. escola nova Movemento de renovación pedagóxica que xurdiu a finais do s XIX e que tiña como finalidade a de enfrontar, de xeito distinto, a problemática escolar e revitalizar a escola con novos discursos pedagóxicos e novos métodos de investigación.
    14. escola primaria Escola en que se dispensa o ensino primario.
    15. escola privada Escola en que a titularidade corresponde a persoas físicas ou a sociedades privadas.
    16. escola pública Escola en que a titularidade corresponde á Administración central, autonómica ou local do Estado.
    17. escola racionalista Escola que segue os principios da corrente pedagóxica homónima e que defendía o predominio do coñecemento racional e empírico fronte ao dogmático e metafísico.
    18. escola técnica Escola en que se dispensa o ensino técnico non universitario.
    19. escola unificada Tipo de escola que segue o principio fundamental da corrente pedagóxica que preconizaba un curso de acción pedagóxica similar para todos os escolares.
    20. escola unitaria Escola en que hai unha única aula cun só mestre para dispensarlles o ensino a alumnos de diversos graos; é propia, sobre todo, de zonas rurais.
  2. s f Instrución que se dá nun establecemento de ensino primario.
  3. s f Lugar ou edificio onde se desenvolve a actividade escolar, docente e discente.
  4. s f Conxunto de docentes e discentes dos establecementos de ensino denominados escola.
  5. s f Conxunto de persoas que, en filosofía, ciencia ou arte, seguen unhas mesmas directrices ideolóxicas, metodolóxicas, estilísticas ou estéticas, e que manifestan na súa actividade e produción uns trazos comúns, peculiares e distintivos.
  6. s f fig Aquilo que se aprende, especialmente por experiencia.

Citas

  • A escola da vida aprendeulle a non confiar en ninguén

Frases hechas

  • Crear/Facer escola. Ter disc