escala

< lat scala
Plural: escalas
  1. s f Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas unidas por travesas equidistantes, que fan a función de chanzos para subir ou descender.
    1. s f Serie graduada ascendente ou descendente con relación a unha calidade ou aspecto común.
    2. s f MÚS Sucesión de sons dispostos segundo un modo ou sistema determinado.
    3. escala de grises INFORM Gama dos grises dunha imaxe medidos por un escáner fotográfico.
    4. escala de proxección IND/ARTE Película positivada cunha serie de aumentos de densidade desde a transparente á opaca, coa que se avalía a exposición necesaria para o positivado.
    5. escala hedónica ALIM Sistema de valoración numérica que se utiliza na técnica de cuantificar a aceptación nutritiva dun alimento, xeralmente a través do sabor.
    1. s f Liña graduada dividida en partes iguais ou desiguais, empregada para medir calquera cousa.
    2. escala absoluta de temperatura FÍS Escala de temperatura na que a orixe, o cero absoluto, representa a temperatura á que a presión dun gas ideal é nula, polo que non pode haber valores negativos.
    3. escala Celsius METROL Escala de temperaturas que fai corresponder o 0 ao punto de conxelación da auga pura e o 100 á súa temperatura de ebulición.
    4. escala de enfoque IND/ARTE Escala de distancias de números ou símbolos que aparece sinalado no obxectivo para saber a distancia á que se está enfocando.
    5. escala de Fahrenheit METROL Escala de temperaturas que fai corresponder o valor 32 ao punto de fusión do xeo e o valor 212 á temperatura de ebulición da auga en condicións normais de presión.
    6. escala de mareas XEOG Instrumento para medir o nivel das augas do mar, construído cunha madeira vertical dividida en centímetros e decímetros.
    7. escala de Mohs XEOL Método semicuantitativo para a determinación da dureza dun mineral que consiste nunha escala de dez niveis, e en cada nivel hai un mineral representativo común, de tal xeito que os minerais dos niveis superiores poden raiar todos os minerais dos niveis inferiores.
    8. escala de Rankine FÍS Escala absoluta de temperaturas, que fai corresponder ao punto triplo da auga a temperatura de 456,69°R.
    9. escala de Réaumur METROL Escala de temperaturas que atribúe o valor 0 á temperatura da fusión do xeo e 80 á de ebulición do vapor, ambos os dous casos baixo unha presión de 760 mm de mercurio.
    10. escala de Richter XEOL Escala logarítmica do 1 ao 10 que se utiliza para medir a intensidade dos movementos sísmicos.
    11. escala termométrica/de temperatura FÍS Relación entre a temperatura e a magnitude termométrica utilizada.
    1. s f BÉL Parte do persoal profesional dun exército, arma ou corpo que, polo seu contido e procedencia, constitúe un conxunto especial e diferenciado, agrupado en función da súa antigüidade.
    2. s f DER Clasificación dos funcionarios dunha corporación segundo o lugar de traballo, a antigüidade ou os méritos.
    3. escala social SOCIOL Serie de persoas ou estamentos que forman a sociedade, graduada segundo as súas categorías.
  2. s f XEOG Relación da distancia entre a representación de dous puntos nun mapa e a distancia real deses dous puntos na superficie da Terra.
  3. s f Importancia maior ou menor de algo, como un negocio ou un asunto.
  4. s f Lugar en que para unha nave para efectuar un embarque ou desembarque de persoas ou mercadorías entre o punto de orixe e o de destino.
  5. s f HIST Praza comercial establecida polos países europeos en territorios dominados polos musulmáns.

Sinónimos

Citas

  • Crearon un negocio a grande escala