sfUtensilio formado por dúas barras longas e paralelas unidas por travesas equidistantes, que fan a función de chanzos para subir ou descender.
sfSerie graduada ascendente ou descendente con relación a unha calidade ou aspecto común.
sfMÚSSucesión de sons dispostos segundo un modo ou sistema determinado.
escala de grisesINFORMGama dos grises dunha imaxe medidos por un escáner fotográfico.
escala de proxecciónIND/ARTEPelícula positivada cunha serie de aumentos de densidade desde a transparente á opaca, coa que se avalía a exposición necesaria para o positivado.
escala hedónicaALIMSistema de valoración numérica que se utiliza na técnica de cuantificar a aceptación nutritiva dun alimento, xeralmente a través do sabor.
sfLiña graduada dividida en partes iguais ou desiguais, empregada para medir calquera cousa.
escala absoluta de temperaturaFÍSEscala de temperatura na que a orixe, o cero absoluto, representa a temperatura á que a presión dun gas ideal é nula, polo que non pode haber valores negativos.
escala CelsiusMETROLEscala de temperaturas que fai corresponder o 0 ao punto de conxelación da auga pura e o 100 á súa temperatura de ebulición.
escala de enfoqueIND/ARTEEscala de distancias de números ou símbolos que aparece sinalado no obxectivo para saber a distancia á que se está enfocando.
escala de FahrenheitMETROLEscala de temperaturas que fai corresponder o valor 32 ao punto de fusión do xeo e o valor 212 á temperatura de ebulición da auga en condicións normais de presión.
escala de mareasXEOGInstrumento para medir o nivel das augas do mar, construído cunha madeira vertical dividida en centímetros e decímetros.
escala de MohsXEOLMétodo semicuantitativo para a determinación da dureza dun mineral que consiste nunha escala de dez niveis, e en cada nivel hai un mineral representativo común, de tal xeito que os minerais dos niveis superiores poden raiar todos os minerais dos niveis inferiores.
escala de RankineFÍSEscala absoluta de temperaturas, que fai corresponder ao punto triplo da auga a temperatura de 456,69°R.
escala de RéaumurMETROLEscala de temperaturas que atribúe o valor 0 á temperatura da fusión do xeo e 80 á de ebulición do vapor, ambos os dous casos baixo unha presión de 760 mm de mercurio.
escala de RichterXEOLEscala logarítmica do 1 ao 10 que se utiliza para medir a intensidade dos movementos sísmicos.
escala termométrica/de temperaturaFÍSRelación entre a temperatura e a magnitude termométrica utilizada.
sfBÉLParte do persoal profesional dun exército, arma ou corpo que, polo seu contido e procedencia, constitúe un conxunto especial e diferenciado, agrupado en función da súa antigüidade.
sfDERClasificación dos funcionarios dunha corporación segundo o lugar de traballo, a antigüidade ou os méritos.
escala socialSOCIOLSerie de persoas ou estamentos que forman a sociedade, graduada segundo as súas categorías.
sfXEOGRelación da distancia entre a representación de dous puntos nun mapa e a distancia real deses dous puntos na superficie da Terra.
sfImportancia maior ou menor de algo, como un negocio ou un asunto.
sfLugar en que para unha nave para efectuar un embarque ou desembarque de persoas ou mercadorías entre o punto de orixe e o de destino.
sfHISTPraza comercial establecida polos países europeos en territorios dominados polos musulmáns.