sfConxunto de persoas que asisten a un espectáculo.
sfBillete que dá dereito a asistir a un espectáculo ou a unha actividade cultural.
sfComezo dun período de tempo.
sfÁngulos entrantes e carentes de pelo, que se forman aos lados da cabeza e por riba da fronte.
sf
Cantidade de diñeiro que entra nunha caixa.
Produto que se recolle da venda dos billetes dun espectáculo ou dunha actividade cultural.
ECONAnotación no debe dunha conta que reflicte un aumento no activo da empresa
sfPrato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.
sfPosibilidade ou dereito a entrar.
sfECONCantidade primeira que se entrega nunha compra a prazos.
sfDERPacto agregado á enfiteuse polo que o enfiteuta entrega diñeiro a quen lle cede a finca no momento da entrega.
sfDEP
Intercepción dun xogador a outro para quitarlle o balón.
Penetración dun xogador por medio da defensa do equipo contrario cara á meta que defende este.
Quenda de cada equipo no béisbol.
Quenda de cada xogador no billar.
sfMÚS
Danza coa que os personaxes comezaban os espectáculos musicais na Idade Media.
Preludio ou fragmentos musicais que introducen obras musicais, ballets, óperas e oratorios.
Peza musical para órgano sen desenvolvemento.
Xesto do director dunha orquestra para indicar aos intérpretes o momento no que deben comezar a súa intervención.
sfLINGElemento lingüístico destacado ao comezo de cada artigo dun dicionario ou doutra obra similar, que é obxecto de definición ou explicación.
sfFÍSCircuíto por onde se introduce un sinal nun aparato electrónico.
sfINFORM
Periférico utilizado para introducir información nun ordenador.
Introdución de datos nunha máquina ou nunha parte dela.
Conxunto de datos ou sinais que se introducen nun ordenador.
sfBIBLIOTEncabezamento que permite localizar unha información bibliográfica nun arquivo ou ficheiro.
dobre entradaMATMétodo de elaboración de táboas estatísticas no que os datos se ordenan por fileiras e por columnas, representativas de dúas variables diferentes. Cada termo representa a conexión das características que están expresadas horizontal e verticalmente, xeralmente explicitadas en dous subíndices representativos que acompañan cada termo da táboa.