< hispanoárabe al-ku ḥ ūl por al-ku ḥ l ‘o colirio de po de antimonio’
Plural:alcohois
smQUÍM/ALIM
Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.
Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.
smQUÍMNome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.
alcohol de abelleiraExtracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.
alcohol de queimarQUÍM/INDAlcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.
alcohol de romeuSolución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.