alcohol

< hispanoárabe al-ku ḥ ūl por al-ku ḥ l ‘o colirio de po de antimonio’
Pliral: alcohois
  1. s m QUÍM/ALIM
    1. Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.
    2. Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.
  2. s m QUÍM Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza dun grupo funcional hidróxilo -OH, enlazado directamente a un carbono alifático.
  3. alcohol de abelleira Extracto alcohólico de melisa, peles de limón e laranxa, noz moscada e canela.
  4. alcohol de queimar QUÍM/IND Alcohol desnaturalizado, utilizado como combustible.
  5. alcohol de romeu Solución alcohólica de esencia de romeu ao 5%, para friccións en golpes, artritismo e dores sen ferida.
  6. alcohol etílico QUÍM etanol.
  7. alcohol metílico QUÍM metanol.

Sinónimos