enredo

< enredar
Plural: enredos
  1. s m Conxunto de cousas, como fíos ou roupa, que son difíciles de separar porque están mesturadas.
  2. s m Asunto ou situación que non é fácil de resolver.
  3. s m Acción que serve como entretemento e divertimento.
  4. s m Obxecto que se utiliza para entreter ou divertir.
  5. s m Mentira coa que se quere prexudicar a alguén.
  6. s m LIT Conxunto de acontecementos que, nalgúns xéneros literarios, se unen uns aos outros para resolverse no desenlace.

Confrontacións

Citas

  • Ese enredo non serve para nenos de tres anos
  • Na súa mesa tiña un enredo de papeis, Fixo un enredo coa roupa e tirouna pola fiestra
  • Non me veñas con enredos porque ben sei que es un mentireiro
  • O enredo da separación farano os avogados
  • Teño que entreter os nenos, por iso inventei este enredo