alcalose

< álcali + ose
Plural: alcaloses
  1. s f BOT Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.
  2. PAT
    1. s f Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións.
    2. alcalose metabólica Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno.
    3. alcalose respiratoria ou gasosa Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.